galego
castellano
DEPORTE ESCOLAR

A importancia da educación física e a práctica deportiva na formación integral dos nosos alumnos/as é, sen dúbida, un aspecto educativo irrenunciable para o noso centro. A actividade física supón un contrapunto claro para loitar de maneira saudable e socializadora contra os costumes sedentarios e nocivos que ameazan aos nosos nenos, ademais, permite desenvolver habilidades de competencia recreativa dende as primeiras etapas educativas. Un dos obxectivos do Colexio é que os nosos rapaces, a través da Educación Física e da práctica deportiva, acaden mecanismos para manterse activos durante toda a súa vida. Para este cometido o seminario de E.F. do centro articula un proceso pedagóxico dende Infantil ata Bacharelato, que propicia a formación multilateral e harmónica da personalidade dos nosos alumnos/as, a través do desenvolvemento das súas capacidades físicas e intelectuais e das súas habilidades motrices, conxuntamente coa formación dos seus valores ético-morais e do noso Carácter Propio.
Recomendamos unha visita a páxina de
ESPECIAIS VÍDEOS 2010-2011 para ver o vídeo titulado "HABILIDADES XIMNÁSTICAS".

 

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA