galego
castellano

css3menu.com

BHISTORIA DO COLEXIO

ANTECEDENTES HISTÓRICOS EVOLUCIÓN 2014 - O COLEXIO CUMPRE 50 ANOS
Na década dos cincuenta xorde a idea de estender a presenza escolapia por Galicia, pois, pechado Celanova antes da guerra civil, quedaba reducida á cidade de Monforte de Lemos. É esta comunidade a que loita en favor da fundación; até 1964, gobernando a Provincia o P. Agustín Turiel, non callou o intento. O reitor da comunidade de Monforte, Esteban Trasfogueiro, asesorado polo P. Alfonso Díez e recibindo poderes para buscar e adquirir terreos, elixe máis de dez mil metros cadrados por un valor superior ao cinco millóns e medio de pesetas nos arredores da cidade.Unha pequena comunidade chega e abre as súas escolas nuns locais provisionais da rúa ou paseo de Ronda, nº 54. Era o mes de outubro. O proxecto inicial do novo colexio era ambicioso: tras adquirir terreos complementarios pénsase en «unha cidade dos raparigos» que albergue a máis de 2.000 alumnos, dos cales 400 fosen internos; nunha igrexa de base circular con capacidade para toda a poboación escolar; nun grandioso salón de actos; nuns campos e instalacións deportivas adecuadas ao colexio previsto. A necesidade de construír por etapas, o cambio sociolóxico, os problemas educativos que podían xurdir de tal masificación foron as causas da redución do proxecto primitivo. A obra do arquitecto D. Andrés Fernández-Albalat Lois centrouse en 5.498 metros cadrados, cuxa primeira fase foi entregada en 1965: un edificio alongado, de dúas plantas, aulas de grandes ventás, amplo recibidor, iluminación natural nos corredores con lucernarios naturais. O Ministerio de Educación habilitábao para 1.200 escolares. A inauguración oficial tivo lugar o 6-1-1967.

DESENVOLVEMENTO.- Posteriores edificacións e modificacións. As primeiras construcións complementarias ao colexio foron un polideportivo cuberto, con todas as dependencias propias e a separación da residencia dos relixiosos do edificio escolar. Poucos anos despois procédese ao valado do perímetro colexial, a pavimentación da entrada e a semente de piñeiros no bosque. A finais do setenta reconvértese o amplo recibidor, sacando del a capela e a instalación do típico «cruceiro galego» .

EVOLUCIÓN PEDAGÓXICA.- Unha dificultade que sufriu o centro naceu dos múltiples cambios nos reitores e directores por razóns máis que xustificadas, o que repercutiu no mantemento dunha unidade e liña de traballo. No entanto, dende os primeiros anos atendeuse á preparación do profesorado con diversos cursos impartidos polo ICCE, ao seguimento dos alumnos dende o mesmo instituto a nivel académico e psicolóxico. No campo pastoral nos primeiros anos setenta e tres sacerdotes diocesanos atendían aos alumnos. E nese empuxe inicial continuou nos anos posteriores. No curso 1973-1974 creouse o INTER-COU mixto coas relixiosas Xosefinas; e en 1977-1978 o BUP mixto coas Calasancias, que rexentan o veciño centro escolar. A Asociación de Pais de Familia data de 1972, sendo o seu primeiro presidente D. Gilberto Quiroga Franco, quen posúe a distinción da carta de irmandade. Dous datos finais merecen citarse: primeiro, a publicación da Historia de Coruña, orixinal do P. Juan Martínez Villar; segundo, o accidente automobilístico de 1977 en que perde a vida o P.David Sierra e outros escolapios sufriron graves contratempos. Nos últimos anos hanse ir salvando os desniveis dos terreos creando fermosos parterres, preparáronse varias canchas de baloncesto e unha nova nave polideportiva

PAIS SUPERIORES NAS PRIMEIRAS DÉCADAS

Esteban Morillo 1964
Alfonso Díez 1968
Fidel Rodríguez 1970
Nicolás Díaz 1971
Pedro Martínez 1974
Manuel González 1976
Antonino Rodríguez 1978
Eugenio Cano 1979

HIMNO CALASANZ: PICA AQUÍ

No curso 2013-2014 e parte do seguinte celebramos o noso 50 aniversario con diversas actividades e celebracións:
DOCUMENTAL 50 ANOS
Ve o documental realizado por José A. Martínez Quintanilla, profesor no colexio e antiguo alumno, coa colaboración da Comunidade Educativa e Relixiosa e antiguos alumnos. Está narrado e conducido por o alumno de Bacharelato , Mikel Iríbar, hoxe xa ex-alumno.

 

 

   

 

AVISO LEGAL / POLÍTICA DE PRIVACIDADE

 

Colexio Calasanz- PP. Escolapios - Casa de Escolas Pías de A Coruña (PP.Escolapios) - Estrada dos Fortes n º 10, 15011 A Coruña
Teléfono: 981 25 36 84 - 638855481- 638873409 / Fax: 981 25 40 29
Buzón de suxerencias e correo electrónico de Dirección:
dir.coruna@escolapiosbetania.es