galego
castellano
DEPARTAMENTO DE PASTORAL

PRESENTACIÓN MOVIMENTO CALASANZ ARJÉ ACCIÓN SOCIAL

Coordinador: David García Anta
ESTRUCTURA DO DEPARTAMENTO
P. Eladio Rodríguez (ESO-Bach)
David García Anta (EI-EP)
Ana Martínez (Catequese familiar)
María O. (Pastoral extra académica)
Adrián Eguizabal (DAS)


DEPARTAMENTO DE PASTORAL:

É un elemento esencial na nosa acción educativa e está animada polo Consello de Pastoral cuxo responsable é o/a Coordinador/a correspondente.

As súas actuacións céntranse en:

• Propoñer as liñas de acción da dimensión evanxelizadora do Proxecto Educativo e realizar o seu seguimento.
• Planificar, de acordo co Proxecto Educativo e o Proxecto Curricular que corresponda, as actividades pastorais da acción educativa.
• Actuar en colaboración co Seminario de Relixión no que se refire á ensinanza relixiosa.
• Responsabilizarse da marcha dos grupos Calasanz e dos seus animadores, proporcionando os medios adecuados para o seu conveniente desenvolvemento.
• Prolongar a acción pastoral da escola entre as familias da Comunidade.

Puntos fortes que se desenvolven e coidan:

• A oración da mañá en todas as clases.
• A oración continua en Infantil e Primaria.
• Catequese familiar para os que preparan a Primeira Comuñón.
• Grupos Calasanz para seguir madurando na fe, que desembocan na Confirmación.
• Retiros en 4º da ESO e Bacharelato.
• Celebracións en función dos tempos litúrxicos.
• Coidado e práctica dos Sacramentos da Penitencia e a Eucaristía.
• Preparación e motivación das diferentes Campañas.

 

 

 

 

 

 

 

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA