galego
castellano
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
PRESENTACIÓN ACTIVIDADES A FUME DE CAROZO CROA

CURSO 2016-2017

PROGRAMA DE RADIO “AF/DC: A FUME DE CAROZO”:
Obradoiro de radio en https://cuacfm.org/directo/, todos os martes de outubro a maio, de 17:00 a 18:00 h. Prepárase material para emitir (artigos, crónicas, entrevistas, lecturas, música...), supervisado polos membros do EDLG do centro e coa participación de alumnos e profesores das distintas etapas. Unha vez emitidos pódense escoitar aquí: https://cuacfm.org/radioco/programmes/a-fume-de-carozo/ . Por outra banda aquí tedes os ennlaces directos aos programas para escoitalos antes que ninguén:

 

DATA

TEMA / PARTICIPANTES

ENLACES

29 MAIO O programa foi elaborado e coordinado polas profesoras de 3ºEP Berta Porto, Mónica Fernández e Victoria Rama. Leron contos en galego as seguintes alumnas e alumnos: Lucía Seselle, Juan Mira, Lola Mata , Nerea Beiro , Emilio Barrul e Mateo Fernández. ESCOITAR PROGRAMA
22 MAIO O programa foi elaborado e coordinado pola profesora Guadalupe Martínez Mosquera, e falouse sobre os clubes de lectura "Voluntura" da ESO e "Nós, os viaxeiros das letras" de Bacharelato. Participantes: Gabriel Graña, Nuria Richer, Ángel Fernández Pintor, Andrei Nichita e Yelco Seoane. ESCOITAR PROGRAMA
8 MAIO O programa foi elaborado e coordinado pola profesora Lucía Caridad, e contou con gravacións de voces do alumnado de Educación Infantil do noso centro. ESCOITAR PROGRAMA
24 ABRIL O programa deste martes tratou sobre María Victoria Moreno, a autora homenaxeada no Día das Letras Galegas de 2018. Tamén lle fixemos unha entrevista telefónica a Eli Ríos, que escribiu unha biografía sobre ela. O programa foi presentado por: Manuel Fernández Ferreiro, Pablo Nicolás Enríquez Cotelo e Diego Pérez Varela, de 1ºA de Bacharelato. ESCOITAR PROGRAMA
17 ABRIL A presentadora foi a profesora Vanesa Fernández Fuentes, que entrevistou á Orientadora Ana Fontán Montenegro, e aos novos profesores Ana Nieto Sesar e Antonio Pérez Fernández. ESCOITAR PROGRAMA
13 MARZO O programa consistiu nunha entrevista a David Arcay, ex-alumno do centro e campión do mundo de pesca. O guión foi elaborado e coordinado polo profesor Xesús Díaz Insua e foi presentado por alumnado de 4ºEP: Aron Colmenero , Lucía Veiga , Lucía Almansa  e Inés Gómez . ESCOITAR PROGRAMA
6 MARZO O programa consistiu nunha entrevista a Gonzalo González Cajide, ex-alumno do centro e "coach" que hai pouco tempo impartiu unha sesión de "mindfulness" para o alumnado de 6ºEP. O guión foi elaborado e coordinado polo profesor Xesús Díaz e foi presentado por: Aroa Varela , Yosef Bartual e Miguel Romero ESCOITAR PROGRAMA
27 FEBREIRO O programa tratou sobre as catro únicas mulleres que foron homenaxeadas no Día das Letras Galegas: Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño e María Victoria Moreno. O guión foi elaborado pola profesora Lorena Martínez e foi presentado por: Ainara Fernández, Natalia Gómez , Alicia Santiso, Ana Suárez e Clara Souto ESCOITAR PROGRAMA
6 FEBREIRO O programa tratou sobre Castelao e foi presentado por: Patricia De la Orden Rama, Laura Mespollet Vilas, Martín Varela Painceira, Alejandro Doval Barreiro e Alba Veiga Cruz ESCOITAR PROGRAMA
23 XANEIRO O programa tratou sobre os xogos populares e foi presentado por alumnos de 1º de Bacharelato: Héctor Villán, Araceli Mancebo, Carla Cotelo, Cristina Fojo, Juan L. Mantiñán, Enrique Pena e Juan M. Martís ESCOITAR PROGRAMA
16 XANEIRO O programa tratou sobre as lendas galegas, foi coordinado pola profesora Marta Méndez e foi presentado por alumnos de 5ºEP: María Castro, Raissa López, Airas Toro, Iria Diz, Carla Serrano e Daniel Torre ESCOITAR PROGRAMA
9 XANEIRO Alumnos de 2º Bacharelato, que este ano abandonan o colexio, comentaron as súas andanzas de 15 anos no noso centro. Participaron Aitor Fernández López e Raúl Dopico Gantes. ESCOITAR PROGRAMA
5 DECEMBRO O programa foi realizado polo Departamento de Acción Social e presentado por: María Carregal , Nerea Lista , Juan L. Tuset e Paula Curros, de 2º de Bacharelato. ESCOITAR PROGRAMA
28 NOVEMBRO O programa foi realizado polo Departamento de Pastoral, e foi coordinado polo profesor David García Anta. Presentadores: Pablo L. Espasandín, Víctor Juárez e Laura Suárez , de 2º de Bacharelato. ESCOITAR PROGRAMA
14 NOVEMBRO O programa tratou sobre a ciencia na cidade da Coruña. O programa foi presentado polos seguintes alumnos de 4ºESO: Hugo Fariña, Andrés Conde, Pablo Mosquera e Víctor Guerra. ESCOITAR PROGRAMA
7 NOVEMBRO O programa tratou sobre Orientación Profesional e foi coordinadora polo Departamento de Orientación. Participaron as profesoras Mónica Santiso e Vanessa Fernández, as profesoras en prácticas Andrea Ponte e Iria Mïguez e os alumnos de 2ºBach: María Fernández, Sara López, Desiree Álvarez, Lucía Pedrosa e Cristian Canosa. ESCOITAR PROGRAMA
31 OUTUBRO O programa tratou sobre científicos galegos e foi presentado por: Carlota Sánchez, Ricardo Fernández , Cristina Abella e Lucía Garea. ESCOITAR PROGRAMA
24 OUTUBRO O programa tratou sobre científicos galegos e foi presentado alumnos de 4º de ESO: Brais Martínez , Bruno García , Eduardo M. Rama, Ángel Gómez e Rubén Martís ESCOITAR PROGRAMA
17 OUTUBRO O programa tratou sobre a figura de Carlos Casares e foi presentado polos seguintes alumnos e alumnas de 1º de Bacharelato: Sara Argiz, Jorge Cardezo, Laura Blanco , Maria Gil e Marta Chapela. ESCOITAR PROGRAMA
3 OUTUBRO Presentación das principais actividades dos catro Departamentos do noso centro. Ana Fontán representou a Orientación, Lorena Martínez a Normalización Lingüística, David García a Pastoral e Adrián Eguizábal a Acción Social. O programa foi presentado por Eduardo Rama e Brais Martínez, de 4ºESO. ESCOITAR PROGRAMA
10 OUTUBRO

Tema: Rosalía de Castro; Presentadores: Álvaro Sancosmed, Cristina Rego, Mónica Santiso, Alicia Tahoces e Javier Fernández Pintor

ESCOITAR PROGRAMA

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA