galego
castellano
EQUIPO DE DINAMIZACIÓN DA LINGUA GALEGA
PRESENTACIÓN ACTIVIDADES A FUME DE CAROZO CROA

Visita o novo blog do EDLG onde poderás atopar novas interesantes relacionadas coa dinamización da Lingua Galega,un recuncho literario cos poemas, relatos que elaboredes nas aulas e recursos lingüísticos, literarios e culturais aos que poderedes acceder para traballar na nosa lingua. Picade na foto:

ACTIVIDADES E ACCIÓNS DINAMIZADORAS MÁIS SALIENTABLES:

Samaín: Recuperación desta festa tradicional, co baleirado e a decoración de cabazas, para dala a coñecer entre o alumnado máis novo (Infantil e Primaria).

Entroido: Festexo para dar a coñecer toda a tradición que conleva esta celebración aos alumnos de Infantil e Primaria.

Letras Galegas: Cada ano elabórase unha actividade diferente para celebrar este día tan importante adicado á nosa lingua e ás nosas letras. Na sección VÍDEOS E ESPECIAIS poderedes ver a actividade do Dicionario Visual da letra A e B. Esperamos continualo no seguinte curso.

Concurso cultural: Grupos de tres alumnos deben responder a sete cuestionarios con sete preguntas cada un, todos eles referentes a Galicia ou á cultura galega (arte, comunicación e espectáculos, deportes, historia, literatura, música e xeografía).

Revista CROA: este ano preparamos un novo número coa ilusión de sempre e o traballo de todos e todas, e xa estamos no noso 27 aniversario! Para poñerse en contacto cos responsables da publicación, o enderezo é: revistacroa@yahoo.es

Programa de radio “AF/DC: A FUME DE CAROZO”: Obradoiro de radio na emisora local CUAC FM, en https://cuacfm.org/directo/ , todos os martes de outubro a maio, de 17:00 a 18:00 h. Prepárase material para emitir (artigos, crónicas, entrevistas, lecturas, música...), supervisado polos membros do EDLG do centro e coa participación de alumnos e profesores das distintas etapas.

Elaboración de materiais: Tríptico “Coñezamos os nomes das nosas rúas”. Folleto con enderezos de Internet.

 

 

 

COLEXIO CALASANZ PP:ESCOLAPIOS A CORUÑA